O GES do Val Miñor sufoca un conato de incendio no bar da estación de autobuses de Gondomar

Os equipos de extinción tiveron que acudir á estación de autobuses do concello de Gondomar para controlar un conato de incendio na súa cafetería. Ninguén resultou ferido.

Ao fío das 17:45 horas, o 112 Galicia foi informado do suceso grazas á alerta de particulares que se atopaban na contorna. As súas chamadas permitiron activar un operativo que contou coa colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES de Val Miñor, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

De acordo cos efectivos do GES, ardeu unha frixideira e resultou afectada a campá extractora e o teito do establecemento.

Ademais dos medios de emerxencia mencionados, desde o 112 tamén pasouse aviso aos Bombeiros de Vigo e do Porriño, ademais dos voluntarios de Protección Civil de Val Miñor, por se fose necesaria a súa colaboración.