Os usuarios da Residencia Vila do Conde de Gondomar recibirán este mércores a terceira dose da vacina da Covid

A Área de Vigo iniciará mañá mércores día 22 o proceso de inoculación da terceira dose da vacina da Covid19 aos usuarios das residencias e centros da terceira idade. Así, os equipos de vacinación achegaranse a 8 residencias para vacinar a un total de 909 usuarios. Estas residencias son: Santa Teresa de A Cañiza; Nuestra Sra. del Rosario de Valeixe; Covelo; San Pedro de Crecente; Domusvi Cangas; Vila do Conde de Gondomar; e o CRAPD Asistida e a de Válidos do Meixoeiro. O proceso continuará nos próximos días, de xeito que a mediados da vindeira semana todo este colectivo xa conte coa terceira dose.