Donas celebra as festas de San Cibrán

A parroquia gondomareña de Donas celebra as festas na honra de San Cibrán. O domingo 19 de setembro ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión Musical do Val Miñor, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola tarde-noite, haberá a actuación do grupo de versións de cancións dos 80 e 90 La Banda de Ayer. O luns 20 ás 12:30 do mediodía celebrarase unha Misa con procesión acompañada pola charanga Vai de Baile, que ofrecerá un concerto ao finalizar.