Máis de corenta persoas participaron esta mañá no paseo saudable pola zona de Monte Boi, paseo que rodea ao Parador, que organizou a Concellería de Mobilidade do Concello de Baiona. Esta actividade, que forma parte da programación que se deseñou con motivo da Semana Europea da Mobilidade partiu ás 10:30 desde o paseo que se inicia en Monte Boi.
O historiador local Anxo Rodríguez Lemos acompañou aos camiñantes e foi o guía encargado de poñer en coñecemento dos participantes a historia do lugar. O grupo detívose en tres enclaves importantes para facer un repaso da historia. En concreto, detivéronse na Praia “Os Frades”, na Punta do Boi, e na Porta de Felipe IV.
Entre as persoas participantes atópanse usuarios e usuarias da Asociación Vontade, da Asociación Avelaíña e dos programas que o Concello de Baiona en colaboración con AFAGA está a impartir no municipio.
Unha marcha que contou con elementos de axuda para persoas con mobilidade reducida, mantendo o espírito de dar voz e voto á cidadanía co fin de ir creando espazos en nosa contorna, máis saudables, máis accesibles, máis cordiais… sempre escoitando as necesidades e recomendacións que a cidadanía, colectivos, asociacións, educadores, etc.


