Adolfo Villafines, de Panadería La Pintora de Nigrán, Miga de Oro de Galicia 2021

Nas instalacións de Aprofar (Asociación Provincial de Forneiros Artesáns) celebrouse a entrega da Miga de Oro de Galicia 2021 que se engloba dentro do proxecto da Ruta Española del Buen Pan. “Como sempre Galicia déixanos un bo sabor de boca”, foron as primeiras palabras que Eduardo Ubeda como presidente do xurado realizou.

Un total de trinta e cinco panadeiros foron seleccionados na Ruta del Buen Pan de Galicia durante unha xornada moi gratificante entre todos os asistentes nunha sala chea de panadeiros que puideron ver as fogazas presentadas por cada un deles.

O proceso de selección levouse a cabo unha cata a cegas, dunha forma anónima, por un xurado composto por Óscar García e Marcial Grela como representantes de Aprofar xunto a Juan Manuel Pérez Pérez de Puratos España e Eduardo Ubeda, recoñecidos profesionais do sector do pan onde se valorou a cortiza, faragulla, cor, alveolado, sabor, gusto, textura, peso e aspecto exterior do pan.

Feitas as valoracións procedeuse a realizar a suma de resultados e designar aos gañadores. Dada a gran afluencia de pans presentados seleccionáronse seis semifinalistas que foron os seguintes: Panadería La Pintora (Nigrán), Panadería Trigal (Vigo), Panadería Rioser (A Coruña), Panadería Germán (Fisterra), Panadería La Molienda (Vigo) e Tahona Regalado (Ourense). Tras unha rifada puntuación designouse aos tres finalistas que foron, Panadería La Pintora, Panadería Trigal e Panadería Roiser. E, finalmente, o gañador da Miga de Galicia recaeu en Adolfo Villafines de La Pintora panadería, que recibiu o premio da man dos patrocinadores do evento, por unha banda José Rodríguez de Harinas Reyes e Emilio Rey de Equimak y Cargadores Industrias Caedca.

“Moitas grazas por este galardón, é un plus máis para poder traballar todo un ano… A todos cústanos moitísimo, madrugóns, horas, pandemia, ritmo de vida trepidante. Sen ningunha dúbida este tipo de premios fainos ser mellores”, foron as primeiras palabras que Adolfo Villafines realizou ao recibir o premio.

Semifinalistas.