A Área Sanitaria de Vigo incorpora dous facultativos aos centros de saúde de Gondomar e Val Miñor

A Área Sanitaria de Vigo vén de realizar 7 novas incorporacións estables de médicos e médicas aos equipos profesionais da atención primaria. Así, a pasada semana rematouse o procedemento para cubrir con vínculos de interinidade 6 prazas vacantes de medicina familiar e comunitaria, e cun vínculo de longa duración a unha reserva de praza.

En concreto, os 7 profesionais de medicina xeral se incorporaron aos seguintes centros de saúde: 1 en A Cañiza, 1 Coia, 1 en Gondomar, 1 en Moaña, 1 en Ponteareas, 1 en O Rosal e 1 en Val Miñor.

Con esta medida, a Área de Vigo sigue avanzado no obxectivo de reducir a taxa de eventualidade da organización en aras de dotar de maior estabilidade no emprego aos profesionais, favorecendo a conciliación laboral e familiar e mellorando tamén a continuidade asistencial.