Inscricións abertas para a XXI Marcha Cicloturista Concello de Gondomar

Todo preparado para gozar dunha cita clásica do deporte e de Gondomar: a Marcha Cicloturista que organiza o Club Ciclista de Gondomar en colaboración co Concello e que este ano alcanza a súa vixésimo primeira edición.

Todos os interesados/as en participar aínda están a tempo de inscribirse na páxina http://www.clubciclistagondomar.org e poderán gozar dun día de deporte xunto a figuras tan recoñecidas como Álvaro Pino, Samuel Blanco e Gustavo Veloso, que se sumarán este ano ao pelotón da marcha cicloturista.

Os dorsais recolleranse entre as 08:00 e 09:00 na Praza da Paradela, punto de partida do evento ás 09:30 horas deste domingo 12 de setembro.