Excursión á comarca do Ribeiro en Ourense

Kiosko Sabarís organiza o vindeiro sábado 25 de setembro unha excursión á comarca do Ribeiro, en Ourense. Inclúe visita ao Reitoral de San Andrés en Camporredondo, centro dedicado á divulgación enolóxica de Galicia; degustación de aperitivo con viño do Ribeiro a media mañá; visita ao Mosteiro Trapense de Santa María a Real; forno tradicional de leña en Cea; comida en restaurante; paseo para coñecer o centro histórico da capital do Ribeiro; transporte en autocar gran turismo; seguro de asistencia en viaxe e servizo de guía-acompañante. O prezo todo incluído é de 38 euros, con saídas desde Sabarís, A Ramallosa e Nigrán. Reservas no teléfono 659325768 (Martín).