A Comisión de Festas Mª Auxiliadora de Vilas organiza a súa II Ruta Cabalar

A Comisión de Festas Mª Auxiliadora de Vilas organiza o sábado 11 de setembro a súa II Ruta Cabalar, con saída ás 16:30 horas. Os que desexen un petisco durante o roteiro deberán abonar 5 euros. Tamén hai posibilidade de cea con churrasco, pan, bebida e sobremesa por 20 euros. Aqueles que queiran ambos, terán que pagar 20 euros. Para pechar a xornada, haberá festa a partir das 21:30 horas con Dj Andrés América. O roteiro conta con acceso a carros, e cada xinete farase cargo dos danos que poida ocasionar o seu cabalo. As reservas pódense formalizar ata o 9 de setembro nos teléfonos 680848545 (Patri) e 603430860 (Nico) a través de WhatsApp.