Blanca Lago, do club Estivada de Baiona, subcampioa de España de bolo celta

Este sábado xogouse en Xove (Lugo) o Campionato de España individual feminino de bolo celta. Participaron un total de 27 xogadoras das comunidades de Asturias e Galicia. Pola mañá xogáronse as roldas de clasificación das que pasaban as mellores 12 xogadoras, que disputarían a fase final. Una vez xogados, cuartos e semifinais, clasificaríanse para a final as xogadoras Sandra Suárez e Blanca Lago.

A clasificación final sería a seguinte:

  • Campioa de España: Sandra Suárez do club de bolos Los Serenos de Tineo (Asturias).
  • Subcampioa: Blanca Lago do club de bolos Estivada de Baiona.
  • Terceira clasificada: Julia López do club de bolos Xove (Lugo).
  • Cuarta clasificada: Paula López do club de bolos Portameán de Baiona.

Mañá no mesmo escenario (campo de bolos de Sumoas-Xove), xogarase o Campionato de España feminino por parellas.