Desirée Vila logra un diploma paralímpico no seu debut en Tokio

A gondomareña Desirée Vila debutou este mediodía nos Xogos Paralímpicos de Tokio cun sexto posto en salto de lonxitude T-63, logrando un diploma olímpico. Baixo a choiva, a atleta miñorana realizou un mellor salto de 4.02 metros. Desirée Vila tamén competirá nos 100 metros.

O Concello de Gondomar instalou unha pantalla na Praza Paradela para poder seguir en directo a súa estrea nos Xogos. Se logra facerse oco na final de 100 metros, o goberno local volverá convidar aos veciños a sumarse a seguila en directo o sábado 4 de setembro a partir das 14:00 horas na pantalla que se instalará de novo para a ocasión.

Un apoio institucional a Desirée Vila que o Concello de Gondomar quixo deixar patente tamén coa instalación dunha imaxe gráfica dela, regalada á familia polo artista urbano Gory, e que se instalou na fachada da Casa do Concello, coincidindo coa celebración dos Xogos no país xaponés.