A gondomareña Claudia López proclámase subcampioa galega de hípica

A gondomareña Claudia López Comesaña proclamouse subcampioa galega de hípica, a lombos do seu cabalo Dorien Vd Eindhoven, alzándose coa medalla de prata na final da categoría Ponis C do XXXVIII Campionato Galego de Salto de Obstáculos, celebrado no Centro Hípico Los Porches de Arteixo (A Coruña).

Hai dous meses xa se alzou coa medalla de bronce na IV Copa de España de Ponis Salto de Obstáculos. “Estamos ante unha campioa, porque non para de ampliar o seu palmarés e de subirse ao podio en todos os campionatos que se presenta. Claudia, outra gran deportista que enche de orgullo a Gondomar e o Val Miñor, berce de grandes campións”, destacou o alcalde, Paco Ferreira.