A Xunta dota de 2 novos equipos radiocirúrxicos á Área Sanitaria de Vigo

A Xunta de Galicia vén de dotar a Área Sanitaria de Vigo con 2 novos equipos radiocirúrxicos, xa instalados nos hospitais Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro.

Este novo equipamento, no que se investiron 180.000 euros, permite renovar os xa existentes nos bloques cirúrxicos para o seguimento e control radiolóxico en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc. Os aparellos adquiridos dispoñen de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, e a capacidade de integración de imaxe e das doses impartidas.

En definitiva, a incorporación da nova tecnoloxía nos quirófanos da sanidade pública viguesa supón unha mellora dos procedementos cirúrxicos e unha maior seguridade para os pacientes.

Ademais, tamén permitirán incrementar a capacidade cirúrxica dos centros e xestionar dun xeito más áxil e eficiente a actividade e a programación cirúrxica.