Énchese o aparcamento do Aral

Durante a segunda quincena do mes de agosto o aparcamento municipal do Aral deixou de facer abonos. Isto foi debido a que se alcanzou o número de 590 abonados, sumando os abonados anuais, os estivais por traballo e os vacacionais. O concelleiro encargado do aparcadoiro, Óscar Martínez, recalca que “a gran rebaixa de tarifas realizada por este goberno foi esencial para este aumento”.

Nestes momentos pódese volver facer abonos xa que se terminaron algún dos vacacionais. Pero os abonados anuais seguen aumentando, superando neste momento o dobre dos existentes antes do cambio de ordenanza. O alcalde Carlos Gómez móstrase satisfeito porque se cumpriu o obxectivo que era beneficiar ás veciñas e veciños de Baiona. “Eles son os que pagaron a mala xestión do anterior grupo de goberno, tendo o Concello que abonar máis de 4 millóns de euros”.