Fin de semana musical en Gondomar con Dr. Slump, Mitic e Argonat Band

Fin de semana musical de versións pop rock nas noites de Cultura de Verán en Gondomar. O venres 20 de agosto, a partires das 22:30 horas, DR. SLUMP estará actuando na Praza Paradela. O sábado 21 de agosto, MITIC EL ESPECTÁCULO estará ás 22:30 nas pistas de As Cercas. E o domingo 22 de agosto, ás 20:00 horas, a banda de acordeóns ARGONAT BAND pechará unha fin de semana chea de música en Gondomar. Hai que reservar as entradas gratuitamente na web https://taquilla.concellodegondomar.gal/.