Proxección do documental “Momentum Generation” en Patos

Concello de Nigrán e Prado Surf ofrecen mañá mércores ás 22:00 horas en Patos a proxección de “Momentum Generation”, a nova película documental producida por Robert Redford. “Momentum Generation” está protagonizada por Kelly Slater, Rob Machado, Shane Dorian, Taylor Knox, Benji Weatherley, Kalani Robb, Ross Williams, Taylor Steele e Pat O’Conell. Narra como varios mozos de Hawaii acabaron competindo no mundo profesional do surf nos anos 90 acadando a fama nesta disciplina deportiva, sendo o grupo máis lendario do surf.