Morgadáns celebra a festividade da Virxe do Libramento

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Nosa Señora do Libramento en Morgadáns.

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra esta fin de semana a festividade da Virxe do Libramento. O sábado 31 de xullo haberá Misa ás 21:00 horas. O domingo día 1 de agosto comezará ás 8:00 da mañá coa tradicional procesión da Virxe desde a Igrexa Parroquial Santiago de Morgadáns ata a Capela de San Roque, onde se celebrará unha Misa ás 9:00 horas. Ás 12:00 horas do mediodía terá lugar a Misa Solemne.