Baiona pasa ao nivel máximo de restricións

O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de onte, elevar ao nivel máximo as restricións aos concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso, logo da revisión da evolución epidemiolóxica da covid-19 en toda Galicia, que se suman a Boiro, O Barco, Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

Así mesmo, o Comité clínico estableceu no nivel alto de restricións os concellos de Avión, Carballo, Arteixo, Fisterra, Oleiros, Arzúa, Melide, Ribeira, A Pobra, Cervo, Ribadeo, Barbadás, O Carballiño, Ourense, Verín, A Illa, Marín, Poio, Pontevedra, Vilagarcía, Vilanova, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Tomiño, Vigo, A Coruña, Cambre, Culleredo, Ames, Santiago, Ferrol, Lugo, Bueu, Meis, Ponte Caldelas, Ribadumia, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño, Redondela , As Pontes, Ortigueira, Chantada, Monforte, Soutomaior e Cariño.

En nivel medio de restricións quedan os concellos de Toques, A Capela, Rábade, Monterrei, Ríos, Noia, Sada, Mondoñedo, Beariz, Boborás, Vilamartín, Corcubión, Curtis, Rianxo, Pontedeume, Barreiros, O Valadouro, A Pobra de Trives, A Rúa, Coles, A Lama, Barro, Oroso, Pontecesures, Silleda, Teo, Sarria, Vilalba, Maceda, O Pereiro de Aguiar, Ribadavia, San Cibrao, Caldas de Reis, Tui, Bergondo, Cee, Coristanco, Brión, Carnota, Outes, Padrón, Cedeira, Narón, Valdoviño, Celanova, A Cañiza, Arbo, As Neves, Cangas, Ponteareas, Vilaboa e Vimianzo.