Gondomar apraza as actuacións previstas para este fin de semana

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Cultura, anuncia o aprazamento das actividades previstas para esta fin de semana ante as malas previsións de tempo que se esperan para os tres días, no que a choiva, segundo os prognósticos meteorolóxicos, será unha constante.

Estúdanse xa novas datas para recolocar as actividades previstas para as tres xornadas: o concerto de Rubén de Lis, a actuación de El Sueño de Calíope e a proxección da película “María Soliña”, dentro do ciclo “Cinema na Rúa”. O novo calendario será anunciado no momento correspondente.