Vive Nigrán pecha a súa quinta edición apostando pola música en directo nunha contorna única e segura

VIVE NIGRÁN pechou a súa quinta edición en Monte Lourido, Praia América, un marco privilexiado á beira do mar con todas as medidas de seguridade, aforos limitados e público sentado, nunha firme aposta pola música en directo nunha contorna segura, completado cunha programación paralela para todas as idades.

Nesta edición do festival que volveu á súa localización orixinal, pasaron por Nigrán SIDECARS, NATALIA LACUNZA, LOCOPLAYA, VERTO, CEDECÉ, BABYKATZE. A programación completouse coa Sesión Vibra Mahou o sábado en horario matinal con SHINOVA e MOUNQUP, que actuaron da man da plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, patrocinador de Vive Nigrán na súa aposta por achegar ás persoas a través da música e reivindicar os encontros sociais seguros como algo esencial para vivir mellor.

Ademais da música, en VIVE NIGRÁN houbo tamén espazo para as actividades paralelas, como un roteiro guiado por Monteferro e dun concerto na Igrexa de Parada protagonizado por alumnos e profesores da escola de música GAIN OVER en colaboración co Concello de Nigrán. Tamén se programaron dentro do programa VIVE ACTIVO, roteiros en kaiak e pádel surf en colaboración co Club Marítimo de Panxón e bautismo de surf con La Conservera del Surf na praia de Patos. Estas actividades complementarias do festival realizáronse coa colaboración da Deputación de Pontevedra, dentro do programa Rías Baixas Fest.

NOVA DATA PARA GINEBRAS

O festival tivo que reorganizar o seu cartel debido ao aprazamento do concerto de GINEBRAS, por un positivo en COVID. O concerto de GINEBRAS celebrarase o próximo 28 de agosto na terraza do Auditorio Mar de Vigo. Os abonos e as entradas do venres 16 serán válidas para a nova data, aínda que é necesario reconfirmar a asistencia nun prazo de 10 días por correo electrónico a ataquilla@afundacion.org. Para a devolución da parte proporcional do concerto de Ginebras débese enviar un correo electrónico solicitándoo a devoluciones@ataquilla.com no prazo de 10 días.

VIVE NIGRÁN apostou hai meses por un aforo reducido e público sentado “e por iso puidemos celebrar esta edición coas máximas garantías”, sinala Juan Rivas, director do festival. Tras meses de programación e organización a quinta edición de VIVE NIGRÁN pechouse este sábado cun cheo total e un concerto onde Sidecars brillaron coa posta de sol na praia como convidada especial. Para a organización do festival “foi un orgullo contar cun equipo de grandes profesionais na produción que xunto coa implicación e apoio de administracións e patrocinadores fixeron posible crear un punto de encontro onde a música en vivo conéctanos nun marco marabilloso”. E como sinala Juan Rivas, director do festival “hai que agradecer a disposición do público que mantivo vivo ao festival e acatou pacientemente todas as normas de seguridade, esperando que en 2022 podamos volver a Monte Lourido, vernos mellor, bailar e abrazarnos máis”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.