Manuel Blanco Desar participa mañá no ciclo de conferencias “O Falar das Pedras”

FOTO: FUNDACIÓN BARRIÉ // Manuel Blanco Desar.

Mañá martes, día 20 de xullo, ás 20:30 horas no Multiusos Mercado de Sabarís, a cita de “O Falar das Pedras” é con Manuel Blanco Desar, autor de “Huir de Progeria”, a súa última obra publicada en 2020, onde de forma novelada, expón a realidade e a problemática dunha sociedade en colapso demográfico. Un tema do que, como di o autor, todos escapamos pero no que estamos inmersos.

Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompido no 2020 pola pandemia. Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado Multiusos Mercado de Sabarís (Benito Fariña, 3).

O ciclo está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas coa misión de potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.