A Sesión Vibra Mahou matinal con Shinova e o concerto de Sidecars pechan o programa de Vive Nigrán

VIVE NIGRÁN pecha hoxe sábado o seu programa cunha xornada moi completa. O sábado arranca coa Sesión Vibra Mahou matinal, cos concertos de Shinova e Mounqup a partir das 12:00 horas. Os vascos SHINOVA chegan a Vive Nigrán da man de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, patrocinador de Vive Nigrán na súa aposta por achegar ás persoas a través da música e reivindicar os encontros sociais seguros como algo esencial para vivir mellor. Na Sesión Vibra Mahou participará tamén a artista francogalega MOUNQUP. O concerto de Mounqup comezará ás 12:30 horas e o de Shinova ás 13:30 horas.

Os madrileños SIDECARS pecharán o festival esta noite coas entradas xa esgotadas. O concerto comezará ás 22:30 horas no escenario Xacobeo e as portas do recinto abriranse desde as 21:00 horas.

Ademais durante a tarde as persoas rexistradas poderán gozar dunha sesión de Pádel surf e kaiak en Praia América e un bautismo de surf na praia de Patos, dentro das actividades paralelas do festival VIVE ACTIVO organizadas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, dentro do programa “Rías Baixas Fest”.

NATALIA LACUNZA NAMOROU AOS SEUS FANS NO ATARDECER DE VIVE NIGRÁN

Tras o aprazamento do concerto de Ginebras, previsto para onte venres, por un positivo no equipo, a xornada se reprogramou coa presenza da arxentina afincada en Vigo BABYKATZE que presentou a súa proposta innovadora e melancólica de synth pop experimental. NATALIA LACUNZA acompañada da súa banda 100% feminina non defraudou aos seus fans, algunhas chegadas desde a outra punta de España que corearon cada un dos seus temas e gozaron dun dos concertos máis especiais desta edición, co atardecer en Praia América de fondo e o cariñoso recordo que tivo a cantante, nada máis comezar a súa actuación para as compoñentes de Ginebras, ausentes esta pasada noite en Nigrán. A cantante demostrou que tras o seu paso por OT, ten razóns suficientes no escenario para converterse nunha das artistas españolas con máis proxección.