Ginebras apraza o seu concerto en Vive Nigrán por un positivo en Covid

O festival VIVE NIGRÁN apraza o concerto previsto para hoxe venres da banda GiNEBRAS tras un positivo no equipo do grupo. O concerto previsto se reprogramará e en breve informarase dos detalles concretos. As entradas adquiridas para o día de hoxe e os abonos servirán tanto para o concerto de hoxe venres como para a nova data que se confirme. Debido a este cambio no cartel de hoxe, VIVE NIGRÁN reprograma os seus horarios e artistas para este venres en Monte Lourido coa incorporación de BABYKATZE. A arxentina, fincada en Vigo desde hai anos, trae ata Nigrán a súa aposta polo synth pop experimental. Participou en numerosos proxectos como guitarrista, batería ou cantante, pero na súa nova aposta, dá un paso máis aló, apostando pola electrónica, e encargándose da composición e produción dos temas. O concerto de BABYKATZE arrancará ás 21:00 horas. O concerto de Natalia Lacunza comezará ás 22:00 horas. As portas do recinto abriranse ás 20:00 horas.

O festival lamenta as molestias ocasionadas por este cambio e mantén a súa aposta por un festival 100% seguro, con asentos, aforo limitado e distancia de seguridade.