Feira de antigüidades e coleccionismo en Baiona

Este sábado 17 de xullo o Paseo Pinzón de Baiona acollerá durante todo o día unha feira de antigüidades e coleccionismo. Multitude de postos expoñerán desde libros antigos ata mobles, obxectos de decoración, pintura, reloxos antigos, moedas e obxectos varios. Desde as 09:00 ata as 21:00 horas.

Todas aquelas persoas que se acheguen a gozar da feira de antigüidades deberán seguir as medidas indicadas polas autoridades sanitarias.

Debemos facer todo o necesario para evitar a transmisión do virus e que a propagación da enfermidade non se reactive. Nestes momentos, a medida máis importante de prevención é manter a distancia social e utilizar máscara en todos os espazos públicos con independencia do mantemento da distancia física interpersoal de seguridade.