Comeza o ciclo “Baiona con Humor” con Danny Boy

O programa cultural de verán do Concello de Baiona reserva hoxe un oco para o primeiro dos catro monólogos de humor previstos en xullo e agosto. O cómico ferrolán Danny Boy Rivera será o primeiro do cartel e ofrece o seu espectáculo “Stand Up!” no Parque da Palma a partir das 21:00 horas. O ciclo “Baiona con Humor” prevé a actuación do artista local Rafa Durán o próximo día 28. En agosto chegarán outros dous cómicos do panorama galego, David Amor actuará o día 11 e Oswaldo Digón, o 25.