Baiona denuncia que a maleza invade a PO-552, viario de entrada ao municipio competencia da Xunta

O mantemento da estrada PO-552 chamada A Foz do Miñor, a entrada norte ao Concello de Baiona, é competencia da Xunta, pero, o departamento autonómico de estradas “non fai os deberes”. Así o expresa o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, quen decidiu facer público o malestar do goberno local polo que considera desidia e abandono por parte da Administración autonómica, unha situación que, sostén, obrigou ao Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, a realizar varios escritos á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra, “para que fagan o seu traballo e eviten que a maleza invada a calzada”.

Carlos Gómez apunta que están fartos de enviar escritos á Xunta pedindo que dean solución a este problema. Ante esta situación, o goberno local teme un problema de seguridade viaria, “a proliferación de maleza no viario de acceso provoca unha mala imaxe do pobo”. Desde Baiona pídese ao goberno autonómico que actúe en consecuencia. Neste viario tamén se atopan miradoiros, como os situados na parroquia de Baredo, moi transitados tanto polos veciños e veciñas como por visitantes para contemplar as magníficas vistas que desde estes puntos obsérvanse.

Trátase dun viario masivamente transitado -e máis que o é agora na tempada estival-, sendo o entrada norte ao Concello de Baiona. “A estas alturas de tempada non se pode consentir que a estrada presente esta imaxe de deixamento”.