Baiona apraza o concerto de Lítore Quartet

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura encargada de organizar a axenda cultural Baiverán, informa de que o concerto do cuarteto de saxofóns Lítore Quartet, previsto para o vindeiro domingo 11 de xullo nos Xardíns do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública de Baiona para as 13:00 horas, trasládase ao domingo día 18 de xullo á mesma hora e no mesmo escenario.

LÍTORE QUARTET PRESENTA “ALÉN”

Alén é unha viaxe musical que parte da Galicia da primeira metade do século XX e viaxa ata Sudamérica, simbolizando o exilio do pobo galego a través das diferentes sonoridades do cuarteto de saxofóns.

Lítore Quartet, formado polo baionés Jaime Estévez Moreira (Saxo Soprano), Sira Pellicer Faus (Saxo Alto), Hugo Lomba Fernández (Saxo Tenor) e Miquel Flores I Mula (Saxo Tenor), interpretará obras de Aaron Siebert, Juan Durán, R. Hoffmann, A. Piazzolla, A. Romero e A. Rodulfo.