Álvaro supera en 3 días o importe da súa prótese

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Álvaro na súa casa de Baiona.

O fenómeno Álvaro Santalla está a romper con todas as expectativas. O mozo baionés de 21 anos que perdeu a súa perna esquerda como consecuencia dun accidente sufrido o pasado 5 de xuño en Agro do Monte, Portugal, logrou recadar 56.000 euros en escasos tres días dos 50.000 que necesita para adquirir unha prótese hidráulica. A media tarde de onte, os indicadores da iniciativa posta en marcha o pasado domingo ás 22:00 horas na web gofundme estaban a botar fume con 1.300 seguidores, a mesma cantidade de doazóns e 2.300 veces compartida. Dos resultados obtidos pódese sacar unha lectura moi clara, a comarca do Val Miñor envorcouse en masa con Álvaro e o certo é que llo merece. A súa forza, enteireza, madurez e positividade fan deste miñorano un exemplo para seguir.