Esta tarde xogouse nos campos de bolos da casa de cultura de Camos-Nigrán, a fase final do campionato galego de bolos celta, modalidade por parellas, de primeira categoría. Participaron un total de 16 parellas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. A clasificación final foi a seguinte:
- Campioa galega: BRAIS GARCÍA e ADRIÁN RODRÍGUEZ do club de bolos Belesar Urgal de Baiona.
- Subcampioa: IGNACIO PEIXOTO e DANIEL GÓMEZ do club de bolos Peitieiros de Gondomar.
- Terceira clasificada: ALBERTO MARTÍNEZ e SERGIO SILVA do club de bolos Belesar Urgal de Baiona.
- Cuarta clasificada: ÓSCAR MARTÍNEZ e PEDRO LAGO do club de bolos Estivada de Baiona.
Mañá domingo xogaranse as finais dos campionatos galegos individuais de primeira e segunda categoría e a final de parellas de segunda.


