Baiona acolle a maior convocatoria de Galicia dos exames oficiais do Trinity College London

Baiona aposta pola cultura e convértese nun referente do inglés xa que este sábado 26 de xuño o Pavillón Municipal de Deportes da vila acolleu a maior convocatoria de Galicia dos exames oficiais ISE do Trinity College London.

138 candidatos da escola de inglés Royal Celtic Bay, membro de FECEI (Federación Española de Centros de Idiomas), dirixida por Loreto Valenzuela Leyenda, presentáronse a dita proba examinándose nas catro destrezas esixidas a nivel universitario para a obtención de calquera grao, nos niveis B1, B2 e C1 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.

Estes certificados convertéronse nun pasaporte para acceder a títulos universitarios, estudos de grao, posgrao e master, ou bolsas Erasmus, traballar na administración pública, ou simplemente para optar a un posto de traballo mellor. Os certificados de inglés ISE de Trinity College London están recoñecidos en España polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes (MECD) e por todas as comunidades autónomas.

Os exames oficiais de inglés de Trinity College London están calibrados externamente pola Universidade de Lancaster con relación ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER). Trinity College London está recoñecido por OFQUAL e é un dos dous únicos membros de pleno dereito de ALTE, principal referente europeo da avaliación de idiomas, que concedeu aos exames de inglés de Trinity a cualificación “Q-Mark” que só outorga aos máis recoñecidos e acreditados exames de linguas europeas, por cumprir todos os seus esixentes estándares de calidade. Á súa vez os exames ISE forman parte dos cadros de certificados recoñecidos para acreditación de niveis de inglés de CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas) e ACLES (Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior).

Apostando sempre pola cultura, futuro e formación, a realización deste exame contou coa colaboración e organización do alcalde do Concello de Baiona, Carlos Gómez, a Concellería de Cultura e Deportes a cargo de Miriam Mar Costas, Marcos Comesaña presidente da asociación de empresarios ACEBA, e Javier Fernández, técnico de deportes municipal.