Misa na honra de San Xoán en Baiona

O barrio baionés de San Xoán celebra este xoves, día 24 de xuño, a festividade do seu patrón. Ás 20:00 horas celebrarase unha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa María. A tradicional procesión polas rúas da vila queda suspendida debido á pandemia.