O Sergas citará a próxima semana a 55.000 persoas para vacinarse no IFEVI

A próxima semana continuará o proceso de vacinación no IFEVI coa citación de 55.000 persoas da Área Sanitaria de Vigo: 30.400 serán primeiras doses ao grupo etario de 40-49 anos, e o resto serán repescas e as segundas doses que lles corresponden aos diferentes grupos de idade.