
O estado dos pasos de peóns de Baiona deixa moito que desexar pola súa falta de mantemento e desde o grupo municipal popular alertan do perigo que iso supón para os veciños que a diario os utilizan para camiñar polas rúas do municipio.
“A súa deterioración provocada polo uso, xa que o goberno local non os pintou durante os dous anos que leva xestionando o Concello, requiren unha actuación urxente posto que moitos deles están practicamente borrados e son pouco ou nada visibles polos condutores dos vehículos que circulan por estas rúas, co risco de atropelo que conleva para a seguridade dos veciños de Baiona. Perigo que se dá tanto durante o día pero, especialmente, pola noite pola súa nula reflectividad”, advirten os populares.
É por isto que desde o PP local solicitan ao alcalde, Carlos Gómez, e ao seu equipo, que tomen cartas no asunto e repinten esta sinalización horizontal o máis pronto posible para evitar os posibles accidentes que poidan producirse por este motivo, especialmente de fronte ao comezo da etapa estival cando a poboación de Baiona multiplícase por catro coa chegada dos propietarios das segundas residencias e de visitantes.