O nigranés Miki Villar, novo xogador do Ibiza

A falta da pertinente revisión médica, a UD Ibiza e o futbolista miñorano de 24 anos Miguel Villar Alonso, coñecido futbolísticamente como Miki Villar, chegaron a un acordo para a súa incorporación como xogador do primeiro equipo durante as dúas próximas tempadas.

O extremo dereito chega procedente da Sociedade Deportiva Compostela da Segunda División B, onde foi un dos xogadores máis destacados a pasada tempada anotando seis goles e outras tantas asistencias.

Miki é un mozo xogador de Nigrán formado nas canteiras do Real Club Celta e Club Rápido de Bouzas. Xa na súa etapa sénior formou parte dos persoais do Pontevedra C.F, C.D. Boiro e do mencionado SD Compostela.

O xogador será presentado oficialmente ante os medios de comunicación nas próximas semanas.