Correos publica os datos e méritos provisionais para as súas Bolsas de Emprego

Correos publicou hoxe os datos e méritos provisionais para as súas Bolsas de Emprego. Ata o 23 de xuño (inclusive) estará aberto o prazo para que os 390.957 participantes poidan consultar o estado da súa inscrición, de forma individual, a través da web de Correos www.correos.com, no apartado Persoas e Talento/Convocatorias Públicas/Bolsas de Emprego.

O obxectivo das novas Bolsas de Emprego de Correos é a cobertura temporal de postos operativos en toda España, cos perfís de candidatos adecuados para atender as novas demandas dos clientes e a evolución do mercado postal e de paquetería.

Por iso, segundo as bases aprobadas, valorouse tanto a experiencia previa en Correos como outros méritos relativos a formación, idiomas, competencias dixitais, etc., así como os permisos de condución.

Unha vez pechado o prazo de admisión de reclamacións, analizaranse as mesmas e, finalmente, publicaranse as bolsas configuradas coas persoas que as integrarán definitivamente.

Toda a información relativa ás sucesivas fases das Bosas de Emprego pódese consultar na web de Correos.

Os aspirantes puideron solicitar unha ou dúas bolsas de emprego da mesma provincia ou provincia limítrofe segundo os diferentes postos e as prazas por modalidade de xornada. Tamén puideron optar entre diferentes categorías (atención ao cliente, axente/clasificación, repartición 1 e servizos rurais motorizados, repartición 2 e servizos rurais non motorizados). En cada unha delas puideron elixir ata dúas modalidades de xornada (tempo completo, tempo parcial con distribución diaria, tempo parcial por días).

A resposta obtida é un bo indicador do atractivo da marca Correos como unha empresa interesante para traballar e desenvolver a carreira profesional.