Gondomar estuda novas liñas de colaboración coa Asociación Española contra o Cancro

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira de Sanidade, Nuria Lameiro, reuníronse na mañá deste luns con Pablo Graña, traballador social da Asociación Española contra o Cancro (AECC), co que se abordaron futuras liñas de colaboración coa xunta local desta organización en Gondomar.

Entre outras cuestións o alcalde confirmou a cesión dun local tras o verán, así como manter a colaboración que o seu goberno vén mantendo cun convenio nos últimos anos con esta asociación “que fai un traballo necesario e importantísimo neste municipio, atendendo non só aos enfermos se non ás súas familias”.

Pola súa banda Pablo Graña pediu colaboración o Concello para conformar unha directiva en Gondomar, o estar neste momento en proceso de renovación a delegación do Val Miñor.