O CPA Gondomar consegue 5 podios no Provincial e 6 clasificacións para o próximo Campionato Galego

Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón da Marisma en Redondela, o Campionato Provincial libre das categorías Benxamín, Alevín e Infantil de patinaxe artística sobre rodas, conseguindo o Club de Patinaxe Artística Gondomar 5 podios, e clasificándose 6 patinadores -Carla Gilsanz, Juan Rodrigo Costas, María Moldes, Xiana Fernández, Lola Álvarez e Lena Castro- para o próximo Campionato Galego, que se celebrará no próximo mes setembro, e terá lugar en Gondomar.

As patinadoras de David Figueroa conseguiron os primeiros postos nas súas categorías, alcanzando as maiores puntuacións tanto en masculino, como en feminino. O seu adestrador estivo ao seu lado en toda a xornada, transcorrendo o programa técnico “curto” pola mañá e programa longo pola tarde, cos elementos de dificultade dos distintos integrativos con saltos, piruetas, series e secuencias de pasos.