Gran éxito de participación e esixencia na Nocturna H2K Nigrán

A Carreira Nocturna H2K Nigrán reuniu a case 500 participantes nunha edición marcada polo estrito control sanitario que exerceron os organizadores e respectaron todos os participantes. A competición desenvolveuse sen contratempos e os atletas demostraron as súas calidades, tanto na proba de dez quilómetros como na de cinco quilómetros.

Os organizadores xa preparan unha nova edición. Esta foi a quinta e pódese considerar xa como unha proba emblemática e asentada no calendario autonómico de probas de atletismo.

Carlos Enrique Gutiérrez foi o gañador na primeira de dez quilómetros. Superou por escasa marxe a Rubén Pereira, que se converteu no seu gran rival durante case todo o percorrido. Jordi Castro ocupou a terceira posición.

Na categoría feminina, Eva Piñal mostrouse superior ás súas adversarias e entrou como gañadora na liña de chegada. Sonia Tejeiro foi segunda e Sandra Fernández completou o podio das tres primeiras.

Lucas Pouso e Leticia Trabazos foron os primeiros corredores de Nigrán en cruzar a meta. Josito Pérez Misa e Roberto Garrido foron segundo e terceiro respectivamente.

Na proba de cinco quilómetros, Adrián Lago foi o gañador. Javier de Dios Rodríguez acabou segundo e Jorge Carreras terminou no terceiro posto. Na categoría feminina, Leticia Fernández foi a triunfadora por diante de Elena Conde e Ana Paula Villar.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.