Poñer en funcionamento o talaso natural de Monte Boi supoñería un custo de 50.000 €

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, informa de que non se vai a poñer en funcionamento o talaso natural de Monte Boi. As fortes ondadas soportadas na zona durante o inverno tiveron como consecuencia o desmantelamento das instalacións. Produciuse o desprazamento dunha das bombas, xa que non estaban debidamente instaladas en sumersión como debía contemplarse desde un principio no proxecto. Así mesmo, o desprazamento desta bomba trouxo consigo o desprazamento dos tubos e o cableado da instalación.

O rexedor informa que “para poñer en funcionamento o servizo en condicións óptimas e asegurar o futuro mantemento das instalacións serían necesarios ao redor de 50.000 euros. Hai que lembrar que o investimento que se realizou neste proxecto denominado Poseidón foi de 150.000 euros, realizado en dúas quendas e cofinanciados por parte do Grupo de Acción Costeria (Galp) Ría de Vigo-A Guarda e con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra”.

O Alcalde pon de manifesto que “unha vez máis os caprichos do Partido Popular sáenlle moi caros aos veciños e veciñas de Baiona. Non só polo seu mantemento, senón por facer un proxecto sen sentido xa que os técnicos que revisaron as instalacións puxeron de manifesto que non se executou de forma adecuada, derivando na gran cantidade de problemas que experimentaron as instalacións”.

Así mesmo, o rexedor quixo facer referencia ás últimas noticias relacionadas con “o pago dunha factura de 50.823,93 euros da reforma que se executou na segunda metade de 2018 no campo de fútbol de O Aral. Debido ás irregularidades nas que se viu envolvida a obra, con certificacións incorrectas, subministracións de material fóra dos pregos, entre outras”. Polo que Gómez conclúe que “nin o Partido Popular nin o Señor Rodal poden dar leccións de xestión”.