Convocatoria en Nigrán contra a violencia vicaria e machista

Este venres 11 de xuño convocan unha concentración contra a violencia vicaria e machista no Concello de Nigrán ás 21:00 horas. Desde os diferentes colectivos do Val Miñor: Orgullo Crítico Val Miñor, Plataforma de Usuarias Afectadas S.S. de Nigrán, Rebeldía Galicia, 8 M paramos Val Miñor, Batukada feminista Val Miñor e Grupo de Apoio Val Miñor queren sumarse á convocatoria nacional dos diferentes grupos feministas, onde revindican a loita contra as violencias vicarias e machistas. “Xuntas debemos defendernos desta secuela estrutural machista. Queremos protexer os dereitos das nosas compañeiras, unirnos na loita e animar a todas as persoas localmente”.