Xunqueira, Estivada e Santiago de Parada, campións da mini liga de bolos celta do Val Miñor

Onte rematou a mini liga de bolos celta celebrada no Val Miñor durante os últimos dous meses, e que xogouse a unha soa volta. En primeira división, o campión foi bolos Xunqueira de Borreiros-Gondomar. En segunda bolos Estivada de Belesar-Baiona, e en terceira división bolos Santiago de Parada-Nigrán. Desde a Federación dan os seus parabéns a todos os participantes polo cumprimento das medidas sanitarias e en especial os clubs gañadores polos campionatos conseguidos. A competición continúa xa que durante os tres próximos fins de semana celebraranse no Val Miñor os campionatos galegos, individual e de parellas nas súas dúas categorías, primeira e segunda.