Gondomar obtén o selo oficial “Calcula 2” do Ministerio de Transición Ecolóxica

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o Concello de Gondomar vén de recibir a confirmación da súa adhesión a esta iniciativa que desenvolve a Rede Española de Cidades polo Clima en colaboración co Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) que outorga Gondomar un selo oficial “Calcula 2” que ratifica o cálculo e metodoloxía empregados e engade a pegada de carbono a un Rexistro Nacional.

A iniciativa “busca mellorar noso traballo na loita contra o cambio climático e na conversión de Gondomar nunha localidade sostible ou resiliente”, afirma o alcalde Paco Ferreira, quen lembra “que con este novo paso demostramos que a nosa aposta polo medio ambiente, e o futuro da nosa contorna e do noso planeta, é firme e decidida”.

A pegada de carbono de Gondomar calculouse tendo en conta o gasto que xeran os edificios e sedes municipais, a iluminación pública e as flotas de vehículos dependentes do concello, sendo o resultado de 958,68 toneladas de dióxido de carbono anuais.

Dende a concellería de Medio Ambiente, que dirixe Brais Misa, se traballa de forma decidida por reducir a pegada de carbono na medida do posible. Proba diso é o uso de enerxía renovables e a súa progresiva implantación nos próximos anos, que se fixou como obxectivo o goberno local. Na actualidade, os Consistorio e o edificio de Urbanismo empregan xa biomasa.

Unha enerxía que se está a implantar no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) no que están en marcha xa as obras de instalación dunha nova caldeira. Neste proxecto se investirán algo máis de 100.000 euros, financiados a cargo dos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e cofinanciado a través dos fondos europeos FEADER. Ademais da instalación térmica da biomasa, o proxecto contempla a colocación dun depósito de inercia de 1000 litros que almacena enerxía que xera a caldeira, así como a instalación dun contador para a medición de kWh térmicos consumidos.

Unha mellora que repercutirá positivamente na pegada de carbono do concello no futuro e que nestes momentos, tendo en conta os parámetros que a definen, foi identificada pola concellería de Medio Ambiente, dirixida por Brais misa, no período 2019-2020.

O cálculo e rexistro da pegada de carbono de Gondomar “permitiranos ser conscientes de que impacto ambiental xeramos coa nosa actividade diaria, e ao mesmo tempo poñer en marcha e deseñar todas as actuacións que estean ao noso alcance para reverter esta situación e lograr reducilo, mantendo así o noso obxectivo de converternos nun referente como municipio sostible e verde”, concluíu o alcalde Paco Ferreira.