Xornadas de Integración Xeracional en Baiona

Este ano o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona iniciou un novo programa denominado “Estimulación Terapéutica”, coordinado coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA) de Vigo. “A detención da necesidade do mesmo partiu do programa iniciado xa no 2019 “Cultiva a túa mente”, desde onde se detectaron as necesidades dunha poboación que durante anos estivo esquecida pero para o actual goberno son parte primordial da nosa vila e por iso traballouse na prolongación dunha nova especialidade que as veciñas e veciños de Baiona viñan demandando”, destaca a concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara Rodríguez.

O programa de Estimulación Terapéutica, non só incide nas e os usuarios, se non que abarca toda a súa contorna familiar e social, dando así un valor único, onde o coidador ou coidadora recibe o seu espazo de tempo e todo a información e apoio necesario ás súas inquietudes, dúbidas, ademais dunha atención personalizada se o precisa. A sociedade visibiliza un escenario e realidade diferente de como, porqué, e agora atopan unha integración compartida. Cada semana, realízanse actividades diferentes, baseadas nas propostas dos e as usuarias, as observacións dos profesionais, a colaboración das Técnicas e a edil responsable do Departamento de Benestar Social.

Entre estas actividades, cabe destacar as “Xornadas de Integración Xeracional”, onde o alumnado do CPI de Cova Terreña, pola súa inquietude cara ás persoas maiores, o saber como estaban a pasar a situación tan excepcional e atípica que nos tocou vivir da man do seu profesorado, compartiron unha experiencia inesquecible para ambas as dúas xeracións, deixando un día influente nas súas memorias cheas de sensacións e achegas. Así mesmo, as usuarias e usuarios do programa, trasladaron a todos, familia e amizades, o día tan agradable vivido.

Esta actividade, é unha máis das que se van desenvolvendo no transcurso do programa e que proporcionan unha relevancia saudable nas vidas das persoas participantes e as súas familias, constituíndo así a calidade de benestar que lles corresponde por dereito. O Alcalde, Carlos Gómez Prado, conclúe “en que non cesarán en buscar e poñer ao dispor da cidadanía todos os recursos necesarios que as veciñas e veciños de Baiona merecen”. Así mesmo, agradecen á comunidade educativa a súa sensibilidade e labor realizada para dar visibilidade e concienciar nos dereitos deste colectivo moitas veces esquecido.