Búscase a un mozo de Gondomar desaparecido este luns

Búscase a Roberto Vilas Rodríguez, un mozo de 37 anos desaparecido este luns, segundo informa Protección Civil Val Miñor. Viste camiseta azul e pantalón negro, veciño de Gondomar. Localizaron a súa bicicleta no Centro Comercial Ramallosa ás 15:00 horas, hora desde a cal non se teñen noticias do seu paradoiro. Calquera información debe comunicarse a través do teléfono de emerxencias 112.