Baiona retoma a viaxe a Cíes das Escolas Deportivas Municipais

FOTO: TURISMO DE GALICIA // Praia de Rodas.

O vindeiro sábado día 26 de xuño, para complementar o peche do curso escolar deportivo 2020-2021 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes do Concello de Baiona programa unha viaxe ás Cíes. A inscrición abrirase a partir do día 1 de xuño para todos os socios das Escolas Deportivas Municipais. Para aqueles non socios que queiran participar deberán esperar ao día 14 de xuño para a súa compra.

O número de prazas é limitado e as inscricións deben tramitarse nas Oficinas do Pavillón Municipal de Baiona. O horario de atención ao público será de 9:00 a 13:00 horas polas mañás e de 18:00 a 21:00 de tarde.

As saídas desde o porto pesqueiro de Baiona e regresos desde o peirao de Rodas nas Illas Cíes están previstos nos seguintes horarios:
• 09:15 h – 19:00 h (barco 1).
• 10:45 h – 20:40 h (barco 2).

O prezo está subvencionado pola Concellería de Deportes sendo o mesmo fixado en 8 euros para todas as viaxes. Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 356 558, tamén se dispón de correo electrónico deportes@baiona.org.