Citadas no IFEVI 1.300 persoas menores de 60 anos para a segunda dose de AstraZeneca

Mañá venres 28 continúa o proceso de vacinación no IFEVI coa citación de 1.300 persoas menores de 60 anos para administrarlles a segunda doses de AstraZeneca. Ao día seguinte, sábado, tense convocado a 5.000 persoas entre 50-59 anos para seguir inoculando primeiras doses a este grupo etario. En xeral, esta semana, na Área Sanitaria de Vigo citáronse a máis de 18.000 persoas nesa franxa de idade para vacinarse. A próxima semana está programada a citación no IFEVI de 48.000 persoas, primeiras doses a menores de 60 e segundas doses doutros grupos de idade.