A Asociación Cultural e Social de Baíña, coa colaboración do Concello de Baiona, o Colexio Público de Fontes e Baíña en Rede, celebran este sábado día 15 de maio ás 12:00 horas o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias. O acto, que se desenvolverá no Colexio de Fontes, incluirá a presentación do novo libro de Caíno por Anxo Lemos e da canción sobre Xela Arias de Samuel Soto con Ardelume. Ademais haberá unha exposición de debuxos con motivo das Letras Galegas, con premios aos mellores.
Acto do Día das Letras Galegas en Baíña

