O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Val Miñor Alice Guy para ofrecer este xoves no Auditorio Municipal desde as 20:00 horas unha selección das mellores curtametraxes do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU 2020), tal e como xa fixera no 2019. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias.
As curtas que se proxectarán son as seguintes:
– THE PRESENT, Palestina, 24 minutos.
– OLLA, Francia, 27 minutos.
– THE MANILA LOVER, Noruega-Filipinas, 26 minutos.
– FLEUR DE PAVOT, Francia-China, 20 minutos.
-SKIN, Estados Unidos, 20 minutos.
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público.

