O CB Nigrán xa ten data para o seu campus de verán

O campus de verán que o CB Nigrán organiza en colaboración co Concello desenvolverase no pavillón municipal de Panxón e abrirá o seu prazo de inscrición a partir do próximo luns día 10. Devandito campus terá lugar do 12 ao 16 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O Club xa está a pechar a colaboración de diferentes adestradores de baloncesto e monitores titulados para as diferentes actividades, pois ademais de baloncesto os nenos e nenas gozarán doutras experiencias.

Os interesados en inscribirse poderán obter toda a información así como a ficha de inscrición no blogue do Club (baloncestonigran.blogspot.com) ou a través do correo electrónico c.baloncestonigran@gmail.com. A reserva de praza realizarase por estrita orde de entrada das solicitudes.