Charlas de sensibilización en materia de igualdade nos CEIP de Gondomar

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar e a través do Centro de Información á Muller, dirixida por Nuria Lameiro, son conscientes que desde o goberno local é importante sensibilizar á sociedade sobre a importancia da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Por iso, unha vez máis apóstase polas novas xeracións, programando dous obradoiro que se ofreceron aos centros educativos do municipio, un centrado na educación afectivo-sexual e outro na detección dos micromachismos. Estes obradoiros deron comezo o pasado 22 de abril no CEP Neira Vilas e finalizan mañá 5 de maio no CEIP Chano Piñeiro, impartidos tamén no CEIP Souto Donas.

A súa acollida foi moi positiva entre o profesorado e o alumnado de 6º de Primaria.